Taras Schevchenko
Taras Hryhorovych Shevchenko (Тарас Григорович Шевченко), nado en 1814 e finado en 1861, foi un poeta e pintor ucraíno, fundador da literatura moderna ucraína e dun xeito máis amplo da Ucraína moderna.
(1859) | |
Nome orixinal | (uk) Тарас Григорович Шевченко |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ru) Тарас Григорьев сын Шевченко 9 de marzo de 1814 Moryntsi (en) |
Morte | 10 de marzo de 1861 (47 anos) San Petersburgo, Rusia |
Causa da morte | Ascite |
Lugar de sepultura | Taras Hill (en) (1861 (Xuliano)–) cemiterio Smolensky (1861 (Xuliano)–1861 (Xuliano)) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Ruso |
Grupo étnico | Pobo ucraíno |
Relixión | Igrexa ortodoxa |
Educación | Academia de Artes da Rússia (pt) (1838–1844) |
Actividade | |
Ocupación | pintor , dramaturgo , etnógrafo , prosista , escritor , antropólogo , artista , poeta , filósofo |
Período de actividade | 1832 - |
Empregador | Imperial University of St. Vladimir (en) |
Movemento | Romanticismo |
Profesores | Jonas Rustemas (pt) |
Pseudónimo literario | Т. Ш. К. Дармограй Кобзарь Дармограй |
Lingua | Lingua rusa, língua eslava eclesiástica (pt) , lingua ucraína e Southeastern dialects (en) |
Carreira militar | |
Rango militar | Soldado raso |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Pais | Hryhoriy Ivanovych Shevchenko (en) e Kateryna Y. Boiko (en) |
Irmáns | Yosyp H. Shevchenko (en) , Mykyta G. Shevchenko (en) , Yaryna Boiko (en) e Kateryna H. Krasytska (en) |
Cronoloxía | |
30 de maio de 1847-2 de agosto de 1857 | Recruta (pt) |
Traxectoria
editarNaceu no seo dunha familia de servos da vila de Morynzi, preto de Kíiv (entón parte de Rusia). Shevchenko quedou orfo aos 11 anos, como de neno amosaba talento para a pintura, acompañou ao seu amo, P. Engelhardt, ás viaxes a Vilnius e San Petersburgo, onde Shevchenko recibiu clases de pintura. Algúns pintures rusos recoñeceron o seu talento e tentaron obter a súa liberdade, que conseguiron en 1838 tras pagar 2500 rublos. Nese ano conseguiu ser aceptado na Academia de Artes no estudo de Karl Briullov. En 1840 publicou a súa primeira colección de poesía, Kobzar, aínda que viña escribindo dende a súa época de servidume. En 1841 apareceu o poema épico Haidamaky. En 1842 publicou unha parte da traxedia Nykyta Hayday e en 1843 completa o drama Nazar Stodolya. Logo do éxito desas obras Shevchenko viaxou por Ucraína e comprobou as duras condicións nas que vivían os seus compatriotas.
O 22 de marzo de 1845 a Academia de Artes concedeulle o título de artista e viaxou de novo á súa terra, onde entrou en contacto con membros da Irmandade dos Santos Cirilo e Metodio, unha sociedade secreta política que avogaba por amplas reformas no seo do Imperio Ruso. Detívose a Shevchenko con outros membros da irmandade o 5 de abril de 1847 tras a prohibición da sociedade, enviado a San Petersburgo e enviado ao exilio en Orenburg (Siberia) coa prohibición de escribir e pintar, tan só puido regresar en 1857, pero ao non poder asentarse en San Petersburgo estableceuse en Nizhnii Novgorod. En maio de 1859 obtivo permiso para ir a Ucraína, arrestado por blasfemia en xullo, ordenouselle vovear a San Petersburgo.
Taras Sevchenko pasou os útimos anos da súa vida escribindo poesía e pintando, pero tras os anos de exilio a súa saúde resentiuse e Shevchenko morreu o 10 de marzo de 1861.
A súa obra converteuse en cántigas populares que cantaba e canta o pobo ucraíno e deu pulo aos novos escritores en lingua ucraína, ata entón considerada por moitos un dialecto do ruso.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Taras Shevchenko pinturas.
- Taras Shevchenko Arquivado 27 de xuño de 2009 en Wayback Machine. Autorretratos. (en inglés)