Avianca El Salvador

Avianca El Salvador, anteriormente Transportes Aereos del Continente Americano e coñecida sinxelamente como TACA, é unha aeroliña do Salvador propiedade de Synergy Group. Como TACA foi a primeira aeroliña do país. Como Avianca El Salvador é unha das sete aeroliñas con marcas nacionais do grupo Avianca Holdings.

Avianca El Salvador
IATA
TA
OACI
TAI
Indicativo
TACA
Fundación1931 (como TACA)
Aeroporto principalaeroporto do Salvador
Plan de voo frecuenteLifeMiles
AlianzaStar Alliance (afiliada)
Frota39
HoldingAvianca
Páxina web: https://www.avianca.com

TACA foi propietaria e operou outras cinco aeroliñas en Centroamérica, e o seu nome orixinalmente foi o acrónimo de Transportes Aéreos Centroamericanos ata que cambiou por Transportes Aéreos del Continente Americano, reflectindo a súa expansión cara todo o continente americano.

O 7 de outubro de 2009 anunciouse que TACA fusionaríase con Avianca,[1] aínda que TACA mantivo o seu nome ata que a fusión rematouse completamente o 21 de maio de 2013.

En agosto de 2017 a frota de Avianca El Salvador estaba formada polos seguintes avións:[2]

Frota de Avianca El Salvador
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y Total
Airbus A319-100 8 12 108 120
Airbus A320-200 18 12 138 150
Airbus A321-200 6 12 182 194
Airbus A330-200 1
Embraer 190IGW 6 8 88 96
Total 39 0

A súa compañía nai, Avianca, ten un pedido en firme por 100 avións da familia Airbus A320neo e algúns deles seguramente sexan para Avianca El Salvador.[3]

  1. Flight Global (ed.). "Avianca confirms 'strategic merger' with TACA". Consultado o 12 de xuño de 2018. 
  2. "Global Airline Guide 2017 (Part One)". Airliner World (Outubro de 2017): 13. 
  3. Airbus (ed.). "Avianca firms up order for 100 A320neo Family aircraft". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 12 de xuño de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar