A bandeira da República do Chad foi adoptada o 6 de novembro de 1959, nos prolegómenos da independencia do país, que tivo lugar un ano despois, en 1960. Trátase dunha tricolor formada por tres franxas verticais, sendo azul a máis próxima ao pau, amarela a central e vermella a máis afastada ao pau. A pesar da semellanza entre esta bandeira e outras como a romanesa (da que difire unicamente no ton un pouco máis escuro do seu azul), ou a andorrana, non ten ningún tipo de relación con elas. As cores da bandeira de Chad xorden da combinación das cores da bandeira de Francia (antiga metrópole) e as cores tradicionais do panafricanismo.

Bandeira do Chad
Bandeira do Chad
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción6 de novembro de 1959
Cores     Azul     Amarelo     Vermello

A franxa azul representa o ceo, a esperanza, a agricultura e as augas no sur de Chad; a franxa amarela simboliza o sol e o deserto no norte de Chad; e a franxa vermella simboliza o progreso, a unidade e o sacrificio.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar