Jorge Campos

Ilustrador e arquitecto galego

Jorge Campos Sánchez, máis coñecido como Jorge Campos, nado en Ourense en 1982, é un ilustrador,[1] autor de banda deseñada e arquitecto galego.[2]

Infotaula de personaJorge Campos
Biografía
Nacemento1982 Editar o valor em Wikidata (41/42 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónilustrador , arquitecto Editar o valor em Wikidata

Facebook: https://www.facebook.com/jorgecampos.ilustratecto/ Instagram: https://www.instagram.com/ilustratecto/ BNE: XX5780350 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

É licenciado en Arquitectura pola Universidade da Coruña e técnico superior en Ilustración pola Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.

Como ilustrador, o seu traballo céntrase no ámbito do cómic, a ilustración infantil e xuvenil e o deseño. Realizou ilustracións para web e traballou no deseño de logotipos, carteis, camisetas e calendarios. Tamén participou en varias exposicións colectivas e revistas. Como arquitecto, traballou para varios estudios, entre eles o de Pernas Varela Arquitectos, formando parte do equipo gañador do Premio Juana de Vega de Arquitectura no ano 2011.[3]

É socio traballador en 7 H Cooperativa Cultural e colabora de forma habitual en actividades culturais, colectivas e fanzines.[4]

Nas redes sociais é @ilustratecto.

Serie Unha mestra en apuros

editar
  • Unha mestra en apuros. Sálvese quen poida (2019). A Coruña: Bululú. 64 paxs. ISBN 978-84-949549-5-5. Guión de Pilar Serrano. Libro de historieta.
    • Una maestra en apuros. Sávese quien pueda (2019). A Coruña: Bululú.
    • Les trifulgues de la mestra. Campi qui pugué (2020). A Coruña: Bululú. .
  • Unha mestra en apuros. Isto é outro mundo (2020). A Coruña: Bululú. 64 paxs. ISBN 978-84-121848-3-9. Guión de Pilar Serrano. Libro de historieta.
    • Una maestra en apuros. Esto es otro mundo (2020). A Coruña: Bululú.
    • Les trifulgues de la mestra 2. Això es un altre món (2020). A Coruña: Bululú.
  • Unha mestra en apuros 3. Primeiro curso superado (2022). A Coruña: Bululú. 64 paxs. ISBN 978-84-18667-32-9. Guión de Pilar Serrano. Libro de historieta.
    • Una maestra en apuros 3. Primer curso superado (2022). A Coruña: Bululú.
    • Les trifulgues de la mestra 3. Primer curs assolit (2022). A Coruña: Bululú.

Serie Capitán Lentella

editar

Ilustrador

editar

Premios

editar
  • 2015, 2016, 2017: Primeiro premio do Certame de Cómic de Cangas.[5]
  • 2016: Primeiro premio no concurso para ilustrar o mural do Museo da Música de Barbadás.[6]
  • 2018: Premio ao mellor libro de banda deseñada na Gala do Libro Galego, por Alter-Nativo.[7]
  1. "Campos, Jorge". www.tebeosfera.com (en castelán). Consultado o 2024-07-04. 
  2. "Capitán Lentella 2. Unha nova chuvia de estrelas - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-07-04. 
  3. Gil, César Lorenzo (2017-12-19). "Jorge Campos". Aira Editorial. Consultado o 2024-07-04. 
  4. "Jorge Campos Sánchez, alias el Ilustratecto – Editorial Bululú" (en castelán). Consultado o 2024-07-04. 
  5. "Certame de Cómic". Concello de Cangas. Consultado o 2024-07-04. 
  6. "Barbadás elixe mural do Museo da Gaita Periódico Barrios". www.periodicobarrios.com. Consultado o 2024-07-04. 
  7. EditorasGalegas (2018-05-19). "Obras gañadoras dos Premios da III Gala do Libro Galego, 2018". Asociación Galega de EDITORAS. Consultado o 2024-07-04.