Tenor

rexistro agudo da voz masculina

Chámase tenor o cantante que ten o rexistro agudo da voz masculina. Diferénciase do barítono (de voz lixeiramente mais grave) polo seu timbre claro e brillante.

Teclado de piano indicando a tesitura de tenor.

A verba tenor vén do latín tenere: ‘sustentar’, debido a que na música eclesiástica do renacemento, o tenor sostiña notas largas mentres que outras voces cantaban melismas vocais.

Rexistro

editar

Segundo o New Harvard Dictionary of Music, o rexistro (rango de tódalas notas que poden cantar con voz potente) dun tenor vai dende un si2 ata un sol4 (o sol da segunda liña do pentagrama en clave de sol).

Segundo o libro El maestro de canto de Sergio Tulián, O tenor lixeiro pode cantar dende un do3 ata un la#4, O tenor lírico pode cantar dende un do3 ata un re5, e o tenor dramático dende un si2 ata un do5.