Saltar ao contido

William Thomson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 25 de marzo de 2007 ás 11:43 por 213.60.60.30 (conversa) (Nova páxina: '''William Thomson, 1º Barón Kelvin''', coñecido tamén como '''Lord Kelvin''', (26 de xuño de 182417 de Decembro de 1907), foi un [[Física matemática|f...)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

William Thomson, 1º Barón Kelvin, coñecido tamén como Lord Kelvin, (26 de xuño de 182417 de Decembro de 1907), foi un físico-matemático, enxeñeiro, e unha personalidade sobresaliente das ciencias físicas do século XIX. Realizou importantes traballos de análise matemático da electricidade e de termodinámica, facendo por unificar a aínda emerxente disciplina da física na súa caracterización moderna. É amplamente coñecido por desenvolver a escala Kelvin de medición da temperatura absoluta.

O título de Barón Kelvin foille concedido en honra aos seus traballos, e toma esa denominación do río Kelvin, que flúe através da universidade de Glasgow, Escocia.

Thomson desfroitou dunha segunda carreira como enxeñeiro de telégrafos e inventor, carreira que lle dou sona entre o grande público e aseguroulle riqueza, fama e honra.