Saltar ao contido

Susan B. Anthony

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 31 de marzo de 2005 ás 19:52 por Rocastelo (conversa | contribucións) (Sufraxista norteamericana)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Susan B. Anthony

Susan Brownell Anthony, (Adams, Massachusetts 1820Rochester, Nova York 1906) reformadora e sufraxista norteamericana. De familia cuáquera naceu en Massachusetts, pero pouco despois do seu nacemento a súa familia moveuse ao estado de Nova York, e a partir de 1845 residiu en Rochester.
Estudou na pequena escola do seu pai, e entre 1837 e 1857 foi mestra en varias escolas. Na década anterior á Guerra Civil Americana, tivo un papel prominente nos movementos antiescravistas e antialcohólicos de Nova York, organizou en 1852 a primeira sociedade estatal de mulleres antialcohólica en América, e en 1856 converteuse na representante para o estado de Nova York da Sociedade Antiescravista de América.
A partir de 1854 dedicouse en exclusiva á defensa dos dereitos da muller, avogando pola completa igualdade de sexos. Entre 1868 e 1870 foi a propietaria do semanario, The Revolution.
Axudou a fundar a Asociación Sufraxista Americana, da que foi primeiro vicepresidenta 1869-1892 e logo presidenta (1892-1906)
En colaboración con Stanton, Matilda Joslyn Gage e Ida Husted Harper, publicou The History of Woman Suffrage (18841887).