Saltar ao contido

Carpo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 20 de xuño de 2018 ás 23:34 por Lameiro (conversa | contribucións) (→‎Ósos do carpo: corrixo)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Carpo
Ósos do carpo
Proximal:
A: Escafoide, B: Semilunar,
C: Piramidal, D : Pisiforme
Distal:
E: Trapecio, F: Trapezoide,
G: Grande, H: Ganchudo
Plano frontal a través das articulacións da man, amosando as cavidades sinoviais.
Latín ossa carpi

En anatomía, o carpo é unha estrutura do membro superior humano, artellada cos ósos do antebrazo, é dicir, radio e cúbito. Está constituído por oito ósos, distribuídos en dúas fileiras, unha máis próxima ao antebrazo ou proximal, e outra máis preto dos dedos ou distal. A estrutura ósea móvese en conxunto, permitindo os diversos movementos do pulso.

Ósos do carpo

[editar | editar a fonte]

Son oito ósos pequenos que se artellan entre si e co radio, cúbito e os ósos metacarpianos.

Os oito ósos artéllanse entre si, formando pequenas articulacións. En conxunto forman o pulso.