Dodoma
Dodoma è a capital de Tanzania e da rexión homónima. Cunha superficie de 2.669 km² e unha poboación de 324.347 habitantes (2002) é a terceira cidade do país.
Dodoma foi escollida como capital de Tanzania en 1973, pero o traslado non se efectuou até 1996. A anterior capital, Dar es Salaam, acolle áinda numerosos arganismos administrativos.
Xeografía
Dodoma érguese no centro de Tanzania, a 486 km ao oeste de Dar es Salaam e a 441 km ao sur dr Arusha, sede das institucións da Comunidade de África Oriental. Dos 2.699 km² da súa área total, só 625 están urbanizados.
Historia
Dodoma foi fundada durante o dominio colonial alemán, mentres se construía o ferrocarril central de Tanganica. Despois da Primeira Guerra Mundial, Tanganica pasou a formar parte do Imperio Británico, e Dodoma tornouse un importante centro administrativo.Cando Tanganica obtivo a independencia no 1964 e logo, unida a Zanzíbar, se converteu en Tanzania, o ano 1973, foi decidido através dun plebiscito, que a capital do novo país se trasladase de Dar es Salaam (capital no período colonial británico) a Dodoma. Esta deslocación foi só cumprido en parte; a Asemblea Nacional
ten a sede en Dodoma, pero inúmeros organismos permanecen aínda en Dar es Salaam, que segue a ser de facto capital do país.
Infraestruturas
Dodoma está enlazada por importantes estradas vie automobilistiche as outras grandes cidades de Tanzania. Para o leste comunícase con Dar es Salaam através da rexión de Morogoro; polo oeste con Mwanza e Kigoma atravesando Tabora; a grande estrada do norte conduce até Arusha. Por Dodoma pasa o ferrocarril central, que tamén a une con Dar es Salaam. O aeroporto so pode recibir aeronaves de dimensións medias, polo que está en proxecto o seu ampliamento.
Universidade
Actualmente Dodoma non ten un campus universitario proprio, pero existe un proxecto para a súa construción con subvencións de Microsoft e do príncipe Al-Walid bin Talal da Arabia Saudita).