Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación
Se vostede quere utilizar un bot na Galipedia, primeiro debe aprobarse. Para facelo, engada a súa petición a continuación. Antes de poñer a funcionar o seu bot é boa idea preguntar na Taberna (técnica) se alguén pode facelo por vostede. Arquivo de solicitudes.
Política actual sobre o funcionamento de bots
Antes de poñer a funcionar o bot debe pedir a aprobación nesta páxina. Indique claramente que vai facer o bot. Faga un seguemento da conversa e espere pola autorización. Despois de aprobarse o bot, pode facelo funcionar durante un curto período de tempo para que sexa monitorizado. Despois da proba unha persoa do grupo de Burócratas asignáralle a marca de bot.
Por favor NON comece a utilizar o bot se non segue as instrucións que aparecen a continuación.
I | Crear a páxina de usuario do bot e describir a súa función.
por favor faga o seguinte:
|
---|---|
II | Pór o seu bot na listaxe desta páxina.
por favor faga o seguinte:
|
III | Esperar pola aprobación.
Debe esperar pola aprobación e polo marcado como bot. |
- Cando elixa o nome de usuario do bot, por favor asegúrese de que non se confunde cun nome de usuario. Para que se saiba inmediatamente que se trata dun bot, un procedemento usual é chamalo co seu nome de usuario + "bot".
- Os administradores poden bloquear os bots, sen dubidar, se non son aprobados, se fan cousas que o operador non dixese con anterioridade, se crean problemas cos artigos ou se editan con demasiada rapidez.
- O operador do bot debe estar rexistrado no sistema no que estea operando para interromper o funcionamento se se producen erros; se non, o bot será bloqueado sen previo aviso.
- Se ten pensado usar un programa tipo "spider", wget recursivo, ou semellante para conseguir unha copia local da Wikipedia, por favor descárguea do arquivo da base de datos.
- Cargar dinamicamente as páxinas da Wikipedia tamén resulta inaceptable.
- Os operadores deben diferenciar as súas edicións das do bot. Iso significa que non debe estar rexistrado como bot para contestar a outros colaboradores. As cuestións referidas ao bot deben estar na páxina de conversa do bot ou na páxina de conversa do operador, pero o único que debe responde-las é o operador non o bot.
É responsabilidade do operador do bot demostrar o seguinte:
- O bot é inocuo
- O bot é útil
- O bot non é unha carga para os nosos recursos
- O bot foi aprobado
Para comprobar que o bot é inócuo e útil, pode requirirse un período de proba. As queixas referidas ao funcionamento durante o período de probas do bot implican que este deixe de funcionar inmediatamente. Se o bot pasa o período de probas sen problemas, entón a marca de bot será asignada por un burócrata.
Nas votacións pode usar os modelos: {{Concordo}} -> Concordo, {{Discordo}} ->
Discordo, {{Neutro}} ->
Neutro, {{Comentario}} ->
Comentario para editar os seus argumentos e participar no debate.
Como mínimo requírense tres votos para que o bot sexa aprobado.