Al Sears
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de 1910 Macomb, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 23 de marzo de 1990 (80 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | líder de banda , saxofonista , músico de jazz , director de orquestra , compositor |
Xénero artístico | Jazz |
Instrumento | Saxofón |
Selo discográfico | Groove |
Al Sears, nado en Macomb (Illinois) o 22 de febreiro de 1910 e finado en Nova York o 23 de marzo de 1990, foi un saxofonista e compositor de jazz.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Debutou en 1927, entrando moi pronto a traballar na big band de Chick Webb (1928-1930). A comezos dos anos 1930, dirixiu diversos pequenos combos, aínda que abandonou a música durante un tempo. Xa na década de 1940, volverá á escena, con Andy Kirk e Lionel Hampton, así como á fronte dunha banda que incluía a Lester Young. En 1944 entra na orquestra de Duke Ellington, substituíndo a Ben Webster, permanecendo con el até 1949, cando realiza varias gravacións canda Johnny Hodges. Xa nos anos 1950, tocará en bandas de rhythm and blues e dirixirá unha empresa de edicións musicais, xunto a Budd Johnson.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Right Now Right Now, vídeo da Big Al Sears Band (en inglés)