Bolhrad
Болград (uk) ![]() | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Ucraína | |||
Óblasts | Óblast de Odesa | |||
Raião da Ucrânia (pt) ![]() | Bolhrad Raion (en) ![]() | |||
Hromada (en) ![]() | Bolhrad urban hromada (en) ![]() ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 17.400 ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 94 km² ![]() | |||
Bañado por | Ialpug River (en) ![]() ![]() | |||
Altitude | 75 m ![]() | |||
Creación | 1821 ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Bolhrad (en ucraíno: Болград ; en romanés, Bolgrad ) é unha cidade do sur de Ucraína, a capital do raión de Bolhrad, na provincia de Odesa. A poboación é de 15.499 persoas (estimación de 2015).[1]
Historia[editar | editar a fonte]
![](https://cdn.statically.io/img/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ea/%D0%A1%D0%BF%D0%B0%D1%81%D0%BE-%D0%9F%D1%80%D0%B5%D0%BE%D0%B1%D1%80%D0%B0%D0%B6%D0%B5%D0%BD%D1%81%D1%8C%D0%BA%D0%B8%D0%B9_%D1%81%D0%BE%D0%B1%D0%BE%D1%80%2C_%D0%91%D0%BE%D0%BB%D0%B3%D1%80%D0%B0%D0%B4.jpg/220px-%D0%A1%D0%BF%D0%B0%D1%81%D0%BE-%D0%9F%D1%80%D0%B5%D0%BE%D0%B1%D1%80%D0%B0%D0%B6%D0%B5%D0%BD%D1%81%D1%8C%D0%BA%D0%B8%D0%B9_%D1%81%D0%BE%D0%B1%D0%BE%D1%80%2C_%D0%91%D0%BE%D0%BB%D0%B3%D1%80%D0%B0%D0%B4.jpg)
A cidade de Bolhrad foi fundada en 1821 por colonos búlgaros en Besarabia, baixo a dirección do xeneral Ivan Inzov, quen é reverenciado polos veciños de Bolhrad como o "fundador da cidade".[2]
Bolhrad formou parte de Moldavia (1856-1859), Romanía (1859-1878; 1918-1940; 1941-1944), máis tarde incorporada á Unión Soviética e, desde a disolución da URSS, parte de Ucraína.
Economía[editar | editar a fonte]
Desde 1920, Bolhrad ten unha fábrica de carbón.[3]
Educación[editar | editar a fonte]
O instituto Georgi Sava Rakovski, fundado en 1858, é o instituto máis antigo do rexurdimento nacional Búlgaro.[4] [5]
Demografía[editar | editar a fonte]
A poboación de Bolhrad é de arredor de 15000 habitantes (2015). É a cidade natal de Petró Poroshenko, ex-presidente de Ucraína.
- Poboación de Bolhrad en diversos censos
- 1930 - 14.280
- 1941 - 10.713 [6]
- 1989 - 18.093 [7]
- 2001 - 17.353
- 2004 - 17.082
- 2005 - 16.302
- 2011 - 15.479
- 2015 - 15.499
Linguas[editar | editar a fonte]
No censo de 2001[8], as linguas máis faladas eran:
- ruso (48,70% da poboación)
- búlgaro (32,65%)
- ucraíno (13,92%)
- gagauz (2,00%)
- romanés (1,15%)
- outras linguas (0,43%).
![](https://cdn.statically.io/img/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7c/Inzov_mausoleum_02.jpg/220px-Inzov_mausoleum_02.jpg)
Monumentos e lugares de interese[editar | editar a fonte]
- Catedral da Transfiguración
- Igrexa de San Nicolás
- Igrexa de San Mitrofan
- Parque Pushkin
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "ZB NAS 14" (PDF). Database.Ukrcensus.gov.ua; Publ new. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de novembro de 2016. Consultado o 01 de febreiro de 2023.
- ↑ Куемжи, Мария, Болградский Историко-Этнографический Музей (Bolhrad, Oblast de Odesa, Ucraína; Фонд им. И.Н. Инзова, 2007)
- ↑ "Politico-economic review of Basarabia,". Library of Congress, Washington, D.C. 20540 EUA. Consultado o 2023-01-31.
- ↑ "Bolgrad". Надя; aba.government.bg (en búlgaro). Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2009. Consultado o 01 de febreiro de 2023.
- ↑ "Bălgarska enciklopedija : a ... Ja : 30000 statii ot vsički oblasti na poznanieto, 3000 iljustracii, 350 tablici, karti i cvetni priloženija ; WorldCat.org". www.worldcat.org (en inglés). Consultado o 2023-01-31.
- ↑ Publikationstelle Wien, Die Bevölkerungzählung in Rumänien, 1941, Viena 1943
- ↑ "Geo; census". world-gazetteer.com.[Ligazón morta]
- ↑ "Database Census". database.ukrcensus.gov.ua. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 01 de febreiro de 2023.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Ucraína |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bolhrad ![]() |