Saltar ao contido

Cuadriga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cuadriga ornamental na Porta de Brandeburgo, en Berlín, Alemaña.

A cuadriga[1] (en latín: quadriga, de quadri-, "catro", e jungere, "xunguir"), en tempos da Antiga Roma, era un tipo de carruaxe tirada por catro cabalos en liña. O vehículo foi utilizado polos xenerais do Imperio Romano cando entraban triunfalmente nas cidades.

A cuadriga como símbolo

[editar | editar a fonte]
A cuadriga do reverso desta moeda romana da República dálle o nome de "cuadrigato"

Esta situación deulle un carácter "vitorioso" a este tipo de carro, polo que na cultura occidental os monumentos que representan este vehículo serven para conmemorar as vitorias.

O monumento deste tipo máis famoso é a Cuadriga de Berlín (Alemaña) que coroa a Porta de Brandeburgo. Esta escultura, obra de Johann Gottfried Schadow, foi retirada de Berlín en 1806 polo exército de Napoleón I, quen a levou a Francia como trofeo. Trala caída de Napoleón, a obra foi devolta a Berlín onde permanece actualmente. A obra foi gravemente danada durante a segunda guerra mundial, polo que nos anos 1950 foi necesario fundir novamante a escultura empregando os moldes orixinais.

Dende 2003, a asociación 'Werkstatt Deutschland' (Taller Alemaña) concede en Berlín cada 3 de outubro, día daReunificación alemá, o premio 'Quadriga' a persoas destacadas pola súa «amplitude de miras, pragmatismo, compromiso e credibilidade».[2]

Outra cuadriga famosa é a que adorna o "Arco de Triunfo do Carrusel" en París (Francia), en terreos do Museo do Louvre.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cuadriga.
  2. "Kohl recibirá premio Quadriga como 'destacado europeo de posguerra'". Deutsche Welle 17/9/2005 (en castelán). 2005. Consultado o 3/9/2007. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]