Manuel Nieto Rivero
Biografía | |
---|---|
Morte | 8 de xuño de 2003 ![]() Verea, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Manuel Nieto Rivero, finado en Verea o 8 de xuño de 2003, foi un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Verea e foi concelleiro da oposición. Nas municipais de 1987 volveu encabeza-la candidatura socialista e foi elixido alcalde grazas ao apoio doutros grupos, pese a se-la terceira forza con 2 concelleiros. Nas municipais de 1991 e 1995 revalidou a alcaldía con maioría absoluta. Nas municipais de 1999 foi reelixido con maioría simple e pasou a gobernar en minoría. Renunciou a presentarse á reelección nas municipais de 2003, sendo sucedido como candidato polo seu compañeiro de goberno Félix Parada Martínez.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou e tivo 2 fillos. Puxo fin á súa vida poucos días antes de remata-lo seu mandato como alcalde, o día 8 de xuño de 2003, tras sufrir unha depresión derivada dunha serie de reveses de tipo persoal[1]. A modo de homenaxe, foille adicada unha praza do concello co seu nome.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Antonio Dorado Fidalgo |
![]() Alcalde de Verea 1987 - 2003 |
Sucesor: Félix Parada Martínez |