Ramon d'Abadal i de Vinyals
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ramón de Abadal y de Vinyals 1 de outubro de 1888 Vic, España |
Morte | 17 de xaneiro de 1970 (81 anos) Barcelona, España |
Deputado provincial de Barcelona | |
1917 – 1924 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Barcelona École pratique des hautes études Universidade Central École des chartes (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid Barcelona |
Ocupación | historiador , xornalista , escritor , político , xurista |
Partido político | Lliga Regionalista Acció Catalana |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá e lingua catalá |
Premios
| |
Ramon d’Abadal i de Vinyals, nado en Vic o 1 de outubro de 1888 e finado en Barcelona o 17 de xaneiro de 1970, foi un historiador e político catalán[1].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou dereito en Barcelona e Madrid e historia en París, militante da Lliga Regionalista, formación pola que foi deputado por Vic (1917-1921). Participou na fundación de Acció Catalana, escisión da Lliga. En 1933 volta á Lliga e dirixe La Veu de Catalunya.[2]
En 1936 apoiou os sublevados en contra do goberno da República Española. Foi membro do Consello Privado de Xoán de Borbón. En 1943 entrou no Institut d'Estudis Catalans.
Os seus traballos históricos centráronse na historia medieval de Cataluña. Entre as súas obras destacan Catalunya carolíngia (1926-71), Els primers comtes catalans (1958) e El precedents antics a la història de Catalunya (1967).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Abadal i de Vinyals, Ramon d'". Diciopedia do século 21 I. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 18.
- ↑ Checa Godoy (1989), p. 230.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Checa Godoy, Antonio (1989). Prensa y partidos políticos durante la II República (en castelán). Salamanca: Universidad de Salamanca. ISBN 84-7481-521-5.