S/2006 S 3
Aparencia
S/2006 S 3 é unha pequena lúa de Saturno. O seu descubrimento foi anunciado por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt, Jan Kleyna, e Brian G. Marsden o 26 de xuño do 2006 a partir de observacións feitas entre xaneiro e abril do 2006.
S/2006 S 3 ten uns 6 km de diámetro e orbita Saturno a unha distancia media de 21,0763 millóns de km en 1142,366 días, cun movemento retrogrado, cunha inclinación orbital de 150,8° respecto da eclíptica (128,8° respecto do ecuador de Saturno) e unha excentricidade de 0,4710.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Institute for Astronomy Saturn Satellite Data
- IAUC 8727: Satellites of Saturn 30 de xuño do 2006 (descubrimento)
- MPEC 2006-M45: Eight New Satellites of Saturn 26 de xuño do 2006 (descubrimento e efemérides)