Suborno
Aparencia
![](https://cdn.statically.io/img/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/03/UNCAC_1.png/220px-UNCAC_1.png)
O suborno é unha forma de corrupción. Trátase dun delito tipificado no código penal mediante o cal unha autoridade ou funcionario público acepta ou solicita unha dádiva a cambio de realizar ou omitir un acto.
O suborno é simple se o funcionario público acepta unha remuneración para cumprir cun acto debido pola súa función ou cualificado se recibe unha dádiva para obstaculizar o cumprimento dun acto ou para non o levar a cabo, sexa ou non este acto constitutivo de delito.