Trafalgar Square
Aparencia
Coordenadas: 51°30′29″N 0°07′41″O / 51.508055555556, -0.12805555555556
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Trafalgar.
![](https://cdn.statically.io/img/upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a6/Trafalgar_Square%2C_London_2_-_Jun_2009.jpg/260px-Trafalgar_Square%2C_London_2_-_Jun_2009.jpg)
Trafalgar Square é unha praza localizada no centro de Londres, construída para conmemorar a Batalla de Trafalgar na que a armada británica venceu ás armadas francesa e española fronte ás costas de Cádiz, en Andalucía. O nome orixinal era Praza de Guillerme IV, mais George Ledwell Taylor suxeriu mudar o nome e así foi que pasou a chamarse coa denominación actual. En 1820, o rei Xurxo IV encargou a John Nash a urbanización da zona. A arquitectura actual da praza débese a Charles Barry e foi rematada en 1845.